O BNG de Vigo pide a Caballero que deixe de castigar a música viguesa tras o veto a concertos nos quioscos de praia
A fronte nacionalista reclama unha regulación estábel para estas actuacións e denuncia o abandono da creación musical local fronte ao investimento millonario en artistas foráneos
Ana Martínez: “O que precisa Vigo non son máis prohibicións nin máis improvisación, senón unha política cultural que respecte ás profesionais da música, apoie o talento local e garanta o dereito da cidadanía a acceder a unha oferta cultural diversa e de calidade”