Xabier P. Igrexas "É inaceptábel que o Goberno español defenda o cobro indebido de peaxes na AP9 durante as obras"

i17g4025

 Ás portas de que dea inicio, este martes, o xuízo polas reclamacións polo cobro indebido de peaxes na AP9 durante as obras que remataron en xuño de 2018, o BNG de Vigo criticou que a avogacía do Estado decidira no último momento persoarse no procedemento co claro afán, segundo apuntan, de "defender os intereses de Audasa" e en contra do criterio da propia fiscalía.

O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que durante as obras a concesionaria ingresou por volta de 90 millóns de euros en peaxes malia non garantir as mínimas condicións de servizo, rexistrándose importantes retencións, tráfico lento e problemas de seguridade, cun evidente prexuízo para as persoas usuarias.

"As administracións públicas deberan defender o interese xeral e non saír ao rescate do dunha empresa privada que somete a unha estafa diaria a milleiros de persoas, cunhas peaxes abusivas e inxustas", manifestou o edil nacionalista. Neste sentido, Igrexas afeou que "o ministro Ábalos se teña colocado a carón de Audasa e virándolle as costas ás persoas usuarias" xa que tentarán eximir a empresa das súas responsabilidades alegando que unha eventual compensación económica podería alterar os termos da concesión.

A fronte nacionalista xa demandou explicacións urxentes ao ministerio de Transporte a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, e insiste na demanda de avanzar con decisión cara a unha "AP9 galega, pública e libre de peaxes", seguindo vieiro trazado no acordo de investidura.

Xabier P. Igrexas "É inaceptábel que o Goberno español defenda o cobro indebido de peaxes na AP9 durante as obras"