A proposta do Bloque, o Concello aproba unha declaración que condena o ataque ao pobo palestino

A proposta do Bloque, o Concello aproba unha declaración que condena o ataque ao pobo palestino

A corporación fai un chamamento á cidadanía para expresar a repulsa aos ataques que leva a cabo o Estado Israel

 

Vigo, 29 de xullo de 2014.- O BNG acadou o respaldo da corporación para transformar unha moción rexistrada como urxente en declaración institucional para condenar o ataque que está levando a cabo o Estado de Israel contra a faixa de Gaza, así como reclamar que cesen de inmediato os ataques e bombardeos israelís contra o pobo palestino.

O acordo tamén demanda a finalización do bloqueo contra a faixa de Gaza, o derrubo do muro do apartheid que Israel está a construír na Palestina ocupada, e apoia o boicot diplomático, comercial, académico e cultural ao Estado de Israel mentres non cumpra a legalidade internacional e non respecte os dereitos do pobo palestino.

Mediante este documento, o Concello de Vigo insta ao Goberno español que adopte unha actitude activa diante deste conflito e esixa ao Estado de Israel o cumprimento do Dereito Internacional e das resolucións que aprobaron as Nacións Unidas desde 1948, de reparto territorial, así como a resolución 194 que obriga a Israel a asumir o dereito ao retorno da poboación palestina a súa terra.

Na iniciativa do BNG tamén se insta á cidadanía que apoie os actos que se convoquen para expresar a repulsa social ao ataque criminal do Estado de Israel contra o pobo palestino da faixa de Gaza.

 

A proposta do Bloque, o Concello aproba unha declaración que condena o ataque ao pobo palestino