Coñece a nosa CANDIDATURA
Homes e mulleres dispostas a cambiar o rumbo da cidade e darlle a Vigo o novo impulso que merece
Aquí tes un equipo de persoas honestas dispostas a cambiar o rumbo da cidade e dar a Vigo o impulso que merece. Un proxecto nacionalista, de esquerdas, aberto a escoitar todas as voces e cunha ampla representación da cidade, pois esta candidatura reúne persoas referentes dos diversos eidos culturais, sociais, sindicais, feministas, profesionais e de defensa dos servizos públicos en Vigo. Somos a túa!
1. Xabier Pérez Igrexas
Candidato á alcaldía de Vigo
Teño 34 anos. Nacín, vivo e traballo en Vigo. Desde novo decidín implicarme para axudar na mellora dunha realidade que me resultaba tremendamente inxusta. Desde o movemento veciñal, no movemento estudantil, no sindicalismo nacionalista e comprometéndome politicamente co proxecto de transformación que representa o BNG.
No movemento veciñal aprendín a escoitar. Sobre todo, a quen pensa diferente. E é que as mudanzas reais, as que transforman a vida das persoas, constrúense desde abaixo.
Encabezo a candidatura do BNG na certeza de que un Bloque determinante logrará facer de Vigo unha cidade para o pobo e un motor de cambio para Galiza.
2. Maica Rivas Corbacho (independente)
Profesora no IES Ricardo Mella. Activista en defensa do ensino público, presidiu FOANPAS e integrou o Consello escolar municipal de Vigo.
3. Elsa Quintas Alborés
Avogada e activista en defensa da normalización lingüística.
4. Xerome Calero Prado
Traballador do Sergas. Actor e director teatral. Activista cultural.
5. Raquel Pérez Fernández
Técnica superior en prevención de riscos laborais. Sindicalista da CIG.
6. Lola Rodríguez Martínez
Médica especialista en aparato dixestivo, comprometida coa sanidade pública.
7. Adrián Rodríguez Bravo
Preparador laboral especialista en emprego con apoio a persoas con diversidade funcional.
8. Maribel Tato Sánchez
Libreira apaixonada, defensora da cultura e lingua galegas.
9. Eduardo Ruanova Davila
Técnico industrial na empresa ZF Frank Friederich, integrante do Comité de empresa por parte da CIG. Presidente do colectivo “Malaherba” de Matamá.
10. María Alonso Castro
Estudante. Militante de Galiza Nova e activista feminista e estudantil.
11. Manuel Caride Correa
Responsábel comarcal do BNG.
12. Ana Martínez Piñeiro
Bibliotecaria na Universidade de Vigo.
13. Filipe Abalde Comesaña
Activista social, integrante do Colectivo Nós. Diplomado en Ed. Física.
14. Ernes Rodríguez Pastoriza
Labrega, membro da AC. O Coto.
15. Santiago Rodríguez Sánchez (independente)
Ensinante.
16. Belén García Suárez
Administrativa.
17. Anxo Iglesias Covelo
Secretario da Asociación Veciñal de Teis.
18. Milde Romero Álvarez
Sindicalista
19. Xose A. González Azpeitia
Traballador de Telefónica, sindicalista e artista plástico.
20. Carmela González Iglesias
Funcionaria.
21. Pedro Velasco Martínez
Músico.
22. Lidia Fariña Piñeiro
Colectivo de Pensionistas CIG.
23. Brais Ruanova Vilas
Responsábel comarcal de Galiza Nova.
24. Alexandra Vázquez Gomes
Estudante, integrante de ERGUER.
25. Antolín Alcántara Álvarez
Ex secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG.
26. Carme Adán Vilamarín
Profesora de Filosofía e ex deputada do BNG.
27. Serafín Otero Fernández
Responsábel local do BNG.
SUPLENCIAS:
Cristina Hermida Moinelo
Funcionaria xubilada.
Xose Manuel Atanes Limia
Profesor.
Amparo Alonso Sanchís
Traballadora ferroviaria.
Xosé Sánchez Blázquez
Membro da Asociación Veciñal Novo Vigo (Navia).
Benedicta Expósito González
Traballadora da Universidade de Vigo.
Ricardo Blanco Fernández
Funcionario.
Cristina Álvarez Álvarez
Bióloga.