COMERCIO

O Bloque chama a mercar produtos galegos no comercio local

comercio1

_Realizou esta mañá un reparto informativo diante do mercado do Calvario.

_Demandan medidas concretas para un sector chave para a economía e reivindican o seu potencial "humanizador" para a cidade.

O Bloque chama a mercar produtos galegos no comercio local

Comercio-05 Cartaz nadal 2016O BNG está a desenvolver unha campaña a nivel nacional destinada a animar á poboación á consumir produtos galegos e a facelo no comercio de proximidade. Para fronte nacionalista o pequeno comercio local é “un sector básico da nosa economía”, polo que defenden que apoialo é “unha das mellores maneiras de xerar riqueza e de humanizar a cidade”.

Dentro desta campaña o BNG de Vigo desenvolveu diurante a mañá deste venres 23 de decembro, un reparto informativo nas inmediacións do mercado do Calvario, no que participou o seu responsábel local, Serafín Otero. “Nós apostamos por un comercio de calidade, que poña en valor os produtos da terra e que ademais permite vertebrar e humanizar espazos como o barrio do Calvario”, explicou.

O Bloque aposta en que se potencien as feiras e os mercados, ademais de demandaren medias que contribúan a prestixiar os produtos do país, facilitando a súa comercialización en circuítos curtos para, desta maneira, “contribuír a garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras”.

No contexto dunhas datas de marcado consumo, reivindican explicitamente a “artesanía, a música, os libros, a cultura e os xoguetes non sexistas”. Neste sentido, contrapoñen o comercio local ao “monopolio de consumo e de formas de vivir” que o grande capital tenciona impoñer socialmente.

Entre as súas propostas as nacionalistas recollen a posta en marcha de medidas de incentivo par a compra de produtos locais e galegos e promoción da súa etiquetaxe en galego, opoñerse á instalación de novas grandes áreas comerciais, promover a produción alternativa e ecolóxica, recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais, impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega, promover axudas para a mellora da comercialización, regular os horarios comerciais e o estabelecemento de liñas de crédito para o sector.

comercio3 comercio2

O Bloque chama a mercar produtos galegos no comercio local