O BNG reclama o tren de proximidade para vertebrar o “Vigo metropolitano”

IMG_20190416_110308
Xabier P.Igrexas, Xoán Carlos González e Cecilia Pérez no centro da imaxe xunto aos veciños de Redondela

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, remachou a importancia de camiñar cara un modelo de mobilidade do século XXI e insistiu na importancia de conseguir unha conexión de ‘cercanías’ tanto dirección Pontevedra como cara Tui.

A candidata ao Senado por Pontevedra, Cecilia Pérez Orxe, enfatizou o compromiso do BNG por defender en Madrid a mellora substancial dos camiños de ferro en Galiza.

O BNG reclama o tren de proximidade para vertebrar o “Vigo metropolitano”

O BNG realizou esta mañá un acto diante da antiga estación de Chapela reclamar un tren de proximidade así como a recuperación da propia estación. Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía de Vigo reclamou xunto ao seu homólogo de Redondela, Xoán Carlos González, a posta en marcha do servizo de ‘cercanías’ que permita avanzar cara unha mobilidade moderna e sustentábel. A candidata do Bloque ao Senado por Pontevedra, Cecilia Pérez Orxe, fixo fincapé en que “para poñer fin ao abandono do ferrocarril galego é imprescindíbel que Galiza recupere unha voz propia en Madrid a través do BNG”. “Sempre que o Bloque fomos determinantes no Congreso fixemos da defensa do tren unha cuestión estratéxica”, apuntou.

Para o candidato da fronte nacionalista na cidade olívica, a cuestión ferroviaria é un dos mellores exemplos do abandono que padece o noso País e exemplifica tamén que con independencia de quen ocupa a Moncloa, segue a insistirse no abandono de Galiza. “O único que ten Galiza, goberne o PP ou goberne o PSOE, son anuncios e promesas que nunca se cumpren, mais desde logo o que padecemos é o desaproveitamento dunha estrutura como o tren que é estratéxica para avanzar cara a unha mobilidade do século XXI que permita vertebrar mellor o noso territorio”, enfatizou Igrexas.

Xabier P. Igrexas salientou que “no BNG apostamos de maneira clara por unha mobilidade que ten que pivotar sobre o tren de proximidade sen o que non se pode concibir unha efectiva integración metropolitana”. Neste sentido, a formación nacionalista reitera a súa aposta por despregar unha rede de tren de proximidade desde Vigo até Pontevedra e tamén cara  Tui.

O BNG reclama o tren de proximidade para vertebrar o “Vigo metropolitano”