PARA A FORMACIÓN NACIONALISTA É PRIORITARIO ABRIR UNHA INVESTIGACIÓN QUE ACLARE O ACONTECIDO E QUE DIRIMA RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DE AS HOUBER.

O BNG de Vigo traslada o desexo de pronta e total recuperación ás persoas feridas nesta madrugada no peirao do Náutico

marisquiño

Para a formación nacionalista é prioritario abrir unha investigación que aclare o acontecido e que dirima responsabilidades políticas de as houber.

O BNG de Vigo traslada o desexo de pronta e total recuperación ás persoas feridas nesta madrugada no peirao do Náutico

O responsábel local do BNG en Vigo, Serafín Otero, acudiu ao lugar en que se produciu o terríbel suceso no marco da celebración do Marisquiño e que deixou a máis de 330 persoas feridas, a maioría delas xente moi moza. Desde o peirao de Vigo, Otero trasladou o desexo do BNG de pronta e total recuperación a todas as persoas feridas así como o apoio ás súas familias. Desde a formación nacionalista “queremos transmitir grande recoñecemento e a parabenización ás e os profesionais dos servizos de emerxencias que acudiron ao lugar do suceso e socorreron ás persoas feridas”, afirmou Otero. Desde o BNG afirman que a súa preocupación é a total recuperación de todas as persoas. “Máis adiante, pero de maneira prioritaria, esixiremos coñecer as causas do accidente”, afirmou Otero. “Esiximos que non se boten balóns fóra, nin se entre en leas trapalleiras de competencias entre Concello e Autoridade Portuaria, como xa fixeron nesta mañá. Desde o Bloque consideramos necesario que se investigue que provocou o afundimento do paseo, en que condicións se atopaba a pasarela, e esixir as responsabilidades políticas e administrativas que sexan precisas para que nada semellante volte acontecer na nosa cidade”.

O BNG de Vigo traslada o desexo de pronta e total recuperación ás persoas feridas nesta madrugada no peirao do Náutico