2025
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz 
municipal BNG de Vigo

O BNG pecha 2025 denunciando o “máis do mesmo” de Caballero e reivindicando a súa alternativa en positivo para construír “un novo Vigo”

A fronte nacionalista destaca un ano de máis de 330 iniciativas “a pé de rúa” fronte á xordeira autoritaria do Goberno municipal e a política de abandono coa que a Xunta do PP castiga a cidade

Contrapón á política aparencial do Goberno local unha intensa acción política e social baseada en escoitar, participar e defender as causas xustas

Xabier P. Igrexas: “Fronte á inercia e o esgotamento de Abel Caballero e a un PP sen proxecto para a cidade, no 2026 seguiremos a empurrar unha alternativa aberta e en positivo para transformar Vigo”

Ler novas
Novas
bng foto

O BNG de Vigo fai balanzo do 2024 comprometéndose a seguir empurrando unha mudanza en positivo para a cidade

A fronte nacionalista despregou no último ano 324 propostas, iniciativas e posicionamentos “falando do Vigo real, da cidade que vivimos todas e todos fronte aos falsos parques temáticos doutros”

Poñen en valor a “imparábel onda de simpatía e apoio das viguesas e dos vigueses” coa que se logrou o fito histórico de ser primeira forza política na cidade nas pasadas eleccións galegas

Xabier P. Igrexas: "Fronte a aqueles que non teñen nada que lle ofrecer a Vigo que máis do mesmo no Concello ou abandono desde a Xunta, en 2025 seguiremos a empurrar unha mudanza en positivo sumando a máis viguesas e vigueses arredor da alternativa transformadora do BNG”

Ler novas