bonificacións
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo esixe a Caballero que reclame ao ministerio de Transportes o mantemento das bonificacións en tren e bus urbano

A fronte nacionalista esixe a continuidade dos descontos até como mínimo final de ano

Lamenta a inacción do Goberno de Abel Caballero diante dunha medida que vai castigar as viguesas e vigueses nunha cuestión “esencial e básica” como o transporte

Xabier P. Igrexas: “Nun momento no que se están a destinar miles de millóns de euros a máis gasto militar e armamento, non podemos aceptar que se retiren as bonificacións ao transporte. Menos tanques para alimentar a industria da guerra e máis buses e trens para todas e todos”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo rexeita a suba de case un 20% do prezo das tarifas bonificadas do bus urbano

A fronte nacionalista insta ao alcalde a esixir do Ministerio de Transportes o mantemento das subvencións ou a mobilizar recursos municipais para manter as actuais tarifas

Celebra a rectificación do alcalde ao anunciar a gratuidade para menores de até 14 anos despois de rexeitar desde 2019 a proposta das nacionalistas, pero pide estendela a persoas desempregadas e de baixos recursos

Xabier P. Igrexas: “Vigo xa ten os prezos de bus máis caros de todas as cidades galegas e dos máis elevados do conxunto do Estado”
Ler novas
Novas

O BNG de Vigo propón facer gratuíto o bus urbano para persoas desempregadas, perceptoras de axudas sociais e menores de 14 anos

A fronte nacionalista demanda facilitar o acceso a este servizo básico como medida de choque fronte á inflación, que disparou nun 20% os custos do transporte no último ano

Pide ampliar a cobertura do actual bono social diante da “insuficiente” bonificación anunciada polo alcalde a cargo dunha subvención estatal

Xabier P. Igrexas: “Temos que facer unha aposta estratéxica pola mobilidade colectiva, por ser a máis accesíbel en termos económicos e a máis sustentábel a nivel ambiental”

Ler novas