encoro
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo urxirá no Pleno que a Xunta substitúa as válvulas avariadas en Eiras e realice unha auditoría integral do estado do encoro

A través dunha emenda a unha moción do grupo municipal socialista, demandarán tamén a creación dunha Comisión Mixta Xunta-Concello para garantir a cooperación interadministrativa en relación ao subministro de auga 

Xabier P. Igrexas: “Non chega con pedir o cesamento dunha conselleira, as viguesas e vigueses o que queren é que o Pleno acorde solucións e achegue garantías sobre algo tan básico como a auga de beber”

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo esixe a Xunta e Concello que deixen de “xogar irresponsabelmente coa auga de beber”

A fronte nacionalista reclama de ambas as dúas administracións que cooperen para substituír as dúas válvulas defectuosas en Eiras e pide unha auditoría integral do encoro

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, critica que o conflito entre PP e PSOE “se podería confundir cun guión de Groucho Marx se non estivese en xogo algo tan básico como o subministro de auga para 400 mil persoas”

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo demanda un novo modelo de xestión da auga fronte a ameaza ambiental de máis encoros ou transvasamentos

A fronte nacionalista reitera a necesidade dunha auditoría integral diante dos diferentes estudos que alertan de perdas dun 30% na rede de abastecemento.

Xabier P. Igrexas: “A solución nunha cidade que segue a baldear as rúas con auga potábel non pode ser apostarmos como primeira opción en actuacións que supoñen graves agresións ambientais”.

Ler novas