O BNG de Vigo defenderá no Pleno medidas para protexer e valorizar os montes como “pulmón verde” da cidade
A fronte nacionalista demanda máis medios para reforzar a conservación, accesibilidade e valorización do principal patrimonio ecolóxico e social da cidade
Propón a declaración de Vigo como “cidade libre de eucalipto” e outras especies pirófitas, que o Concello destine 1 millón de euros anuais para atender os montes, un plan de accesibilidade, un programa de patrimonio e mais actividades de sensibilización
Xabier P. Igrexas: “O modelo de apagar lumes no verán e aplicar parches improvisados está totalmente esgotado, cómpre unha estratexia de prevención estrutural e ordenación cunha visión de futuro”