persoal municipal
Novas
Ringleiras no Padrón de Vigo este luns 2 de febreiro

O BNG de Vigo urxe máis persoal no Padrón diante do “colapso e ringleiras eternas” na oficina do Concello

A fronte nacionalista avisa de que os anuncios e medidas aplicadas nos últimos meses polo Goberno municipal “se teñen demostrado insuficientes ou directamente inútiles”

Xabier P. Igrexas: “Esta situación non é puntual nin excepcional, senón que se repite día tras día como consecuencia da falla de xestión do Goberno de Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia un novo paso na privatización das instalacións deportivas municipais

Rexeita a privatización da apertura e peche do complexo deportivo de Samil coa mesma empresa que xestiona “de forma pésima e precaria” outros 18 centros deportivos

Anuncia un recurso de reposición para demandar que se atenda con persoal público

Xabier P. Igrexas: “As persoas usuarias e a veciñanza demandan mellor xestión pública das instalacións que son e deben seguir sendo públicas, non máis privatización”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde (esq) reunidos co Comité de Persoal do Concello Vigo

O BNG de Vigo urxe unha "emenda á totalidade" á nefasta política laboral do Concello

A fronte nacionalista mantivo un encontro co Comité de Persoal para poñer en común a situación laboral do Concello

Critican a inexecución das Ofertas Públicas de Emprego, a crecente privatización dos servizos municipais e o colapso no departamento de Recursos Humanos

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero é o campión das privatizacións, o seu Goberno en lugar de gobernar limítase a xestionar licitacións que poñen no peto de empresas privadas 2 de cada 3 euros do orzamento municipal”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo cualifica de “indecente e covarde” a ausencia de Caballero no Consello de Administración da Autoridade Portuaria que retira a concesión de Vulcano

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero en lugar de defender como alcalde o futuro do naval en Vigo decidiu escapar, facendo de comparsa do secretario de Estado de Infraestruturas, para tirar unha foto na reapertura túnel do Folgoso na Cañiza”

PERSOAL MUNICIPAL¬ O BNG trasladoulle ao Comité de Persoal do Concello o seu pleno apoio e instou o Goberno local a “unha emenda á totalidade da súa nefasta política laboral”.

1 DE MAIO¬ A fronte nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas pola CIG  este 1 de maio para evitar que a crise se converta nun novo saqueo antisocial. A portavoz nacional, Ana Pontón, participará da manifestación de Vigo.

Ler novas