O BNG de Vigo defenderá no Pleno o cumprimento da Lei de Costas para garantir o acceso público ao litoral
Formula unha emenda a unha moción do PSOE para incluír a demanda de que Goberno español e Xunta, en colaboración co Concello, actúen para que se respeiten as servidumes de tránsito para poder desenvolver sendas peonís de acceso público en toda a faixa costeira
A fronte nacionalista propón a creación dunha Mesa Local do Litoral, con presenza de todas as administracións, a UVigo, colectivos de defensa ambiental e movemento veciñal
Xabier P. Igrexas: “Non se trata de 'abrir Vigo ao mar', trátase de entender que somos unha cidade que existe ao pé do mar e que ten que deixar de virarlle as costas como parte dun modelo de cidade moito máis sustentábel”