O BNG de Vigo recorre á Valedora do Pobo para denunciar o veto de Caballero á súa comparecencia sobre o accidente mortal do Saltamontes
Tras a desestimación do seu recurso de reposición, a fronte nacionalista acusa o alcalde de vulnerar dereitos fundamentais e de converter o Pleno extraordinario nunha “pantomima” para evitar dar explicacións
Considera que a ratificación da imputación penal por homicidio imprudente da concelleira de Seguridade fai aínda máis necesario que o alcalde “dea a cara”
Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero leva 682 días sen responder a ningunha pregunta nin dar ningunha explicación sobre un accidente nunha atracción que estaba funcionando a pesar de non contar con permiso municipal”