Novas
O BNG de Vigo denuncia novos peches nos ximnasios municipais durante o verán
27/xuño/2026
A fronte nacionalista vai esixir no Pleno deste vindeiro luns unha rectificación do Goberno local, ante a súa pretensión de pechar a instalación do Berbés todo o mes de xullo e a do Carme en horario de tarde, e que pode ser total tamén en agosto
Filipe Abalde: “Esta situación evidencia unha preocupante falta de planificación e outra tomadura de pelo coas persoas usuarias das instalacións deportivas municipais”