O Bloque acusa ao PP de ser un goberno despiadado por aprobar recortes nos comedores escolares
O concelleiro do BNG, Santi Domínguez, acusou ao goberno galego de ser un goberno despiadado polo recorte aprobado pola Xunta para os comedores escolares e que centraba unha das mocións do PsdeG apoiadas polo Bloque. Como forma de solidarizarse coas crianzas que deberán pagar máis por este servizo ou que non poderán pagar, no pleno vigués o grupo nacionalista amosou varias friameiras, alertando tamén da separación que sufrirán os nenos e nenas nos seus respectivos centros.
Nos hai cartos para comedores pero si hai 3 millóns para os colexios do Opus que segregan, criticou o nacionalista, para quen a subida do prezo dos comedores escolares suporá o retroceso da escola pública en máis de 40 anos, candos os cativos eran separados en función do poder adquisitivo das súas familias.
Santi Domínguez defendeu que en Vigo non debe quedar ningún neno sen comer. Estes da Idade Media posibilitarán que vostedes teñan máis de un millón de euros para destinar aos comedores, comentou en relación ás críticas formuladas recentemente polo alcalde da cidade.
Cirurxía cardiaca
O grupo nacionalista tamén apoiou a proposta presentada polo PsdeG para que se anule a diminución orzamentaria prevista para a unidade de cirurxía cardiaca de Vigo e que esta unidade siga sendo a referencia da poboación das áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés.
Xabier Alonso criticou a privatización progresiva da sanidade que está levando a cabo o PP, que no novo hospital de Vigo se plasma na supresión de camas e servizos a respecto do proxecto orixinal.
Para dar o apoio á moción, o concelleiro do BNG defendeu a supresión de parte dun punto da mesma, no que se falaba de que os prexuizos á área sanitaria de Vigo eran a conta do beneficio a outras áreas sanitarias da comunidade. Non é certo que a Xunta beneficie a sanidade en ningunha outra áreas sanitarias, comentou ao respecto o concelleiro nacionalista.