O Bloque insta ao goberno galego a asumir as axudas ás hipotecas para as vivendas protexidas

O Bloque insta ao goberno galego a asumir as axudas ás hipotecas para as vivendas protexidas

A portavoz de Industria do BNG, Carme Adán insta ao Goberno galego a asumir, de xeito inmediato, as axudas destinadas á ampliación do período de subsidiación do préstamo para adquisición de vivenda protexida, vencelladas ao Plan de vivenda 2005-2008.

A parlamentaria acusa ao Partido popular de “insensibilidade” por denegar a renovación das axudas hipotecarias ás familias do barrio de Navia e unha vez máis, engade, o Goberno galego mira para outra lado ante a eliminación das axudas argumentando que o IGUS é un mero tramitador das mesmas a pesar de seren da súa competencia.

Para a deputada do BNG a denegación das axudas signicará abocar as familias "a unha situación dramática", polo que pedirá que o Goberno galego recorra esta medida ou asuma a súa contía.

 

O Bloque insta ao goberno galego a asumir as axudas ás hipotecas para as vivendas protexidas