O BNG non dará a aprobación definitiva dos orzamentos mentres non se conxele a tarifa de Vitrasa

O BNG non dará a aprobación definitiva dos orzamentos mentres non se conxele a tarifa de Vitrasa

O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, reclamou este martes a intermediación directa do alcalde para solucionar o conflito da concesionaria do transporte público Vitrasa. Domínguez asegurou que mentres non se produza a conxelación efectiva da tarifa do autobús, o Bloque non dará a aprobación definitiva dos orzamentos municipais.

“Cómpre que o alcalde reaccione e faga cumprir o prego de condicións á concesionaria”, destacou o nacionalista, para quen é “ilóxico” que Vitrasa pretenda subir a tarifa do bus mentres seus beneficios anuais aumentan. Reclamou por tanto, a intermediación inmediata do alcalde para acadar a solución do problema.

Para Santi Domínguez, as peticións dos traballadores e traballadoras son “razoables e xustas”, polo que manifestou non entender a dilación na búsqueda de solucións a este conflito. Sinalou ao respecto que as demandas dos condutores e condutoras see axustan “ao mínimo que deben esixir nuns tempos como os actuais”.

Por outro lado, o nacionalista considerou que Vigo non pode estar máis tempo sen transporte público, posto que é un servizo público indispensable no funcionamento da cidade. Destacou que a falta de transporte publico prexudica especialmente a dous grandes colectivos, como son mulleres e persoas con menos recursos.

Santi Domínguez demandou á empresa “un acordo que garanta condicións dignas aos seus empregados e empregadas e a volta á normalidade do servizo”. Lembrou que o BNG ten reclamado en diversas ocasións que esta concesionaria faga “algún tipo de sacrificio”. Ao seu xuízo, non pode volver a subir o seu prezo posto que xa incrementou a tarifa por rifa do IPC e aplicou a subida do IVE.

 

O BNG non dará a aprobación definitiva dos orzamentos mentres non se conxele a tarifa de Vitrasa