O BNG completa unha candidatura con “entusiasmo, compromiso e enerxía” para levar Vigo máis alá

Candidatura do BNG Vigo ás eleccións municipais de 2023
Candidatura do BNG Vigo ás eleccións municipais de 2023

A fronte nacionalista concorre ás eleccións municipais cunha lista paritaria, con perfís diversos e persoas referentes nos barrios e parroquias e nos movementos sociais

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “O BNG somos a alternativa para todas as viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo. Que saben e senten que Vigo merece máis”

O BNG completa unha candidatura con “entusiasmo, compromiso e enerxía” para levar Vigo máis alá

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de completar a súa candidatura en Vigo para as vindeiras municipais. Unha lista “comprometida” co feminismo, o ecoloxismo e a cultura, así como a defensa das clases populares traballadoras e dos servizos públicos. A fronte nacionalista concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio cunha lista paritaria, con perfís diversos e persoas referentes nos barrios e parroquias e nos movementos sociais.

“Unha candidatura tan plural como é Vigo e que definiría en tres palabras: entusiasmo, compromiso e enerxía para resetear en positivo a cidade”, valorou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que estas mulleres e homes van “empurrar o grande salto electoral” do BNG co obxectivo de ser unha forza “determinante” no Concello para levar ‘Vigo máis alá’, lema de precampaña nacionalista, recollendo a crecente onda de simpatía social cara ao Bloque.

Unha candidatura para avanzar cara un Vigo máis habitábel e verde, máis igualitario e socialmente xusto, que volva ser pulmón industrial de Galiza, vangarda na creación cultural e que se converta no motor de todo un País

“O BNG somos a alternativa para todas as viguesas e vigueses que non se conforman con máis do mesmo. Que saben e senten que Vigo merece máis”, afirmou.

Igrexas puxo en valor que esta lista renovada demostra o carácter “aberto e positivo” do proxecto do Bloque en Vigo, con 27 postos titulares e 9 suplencias entre as que destacou a incorporación de persoas independentes como Ramón Nicolás e Vítor Vaqueiro, dous grandes referentes culturais da nosa cidade. A lista fecharaa, no posto 27, Olaia Fernández Davila, exconcelleira, deputada no Parlamento galego e portavoz no Congreso, unha “referente do nacionalismo en Vigo, orgullosa viguesa e un motivo de orgullo para todas as mulleres e homes que facemos parte do BNG”.

O candidato nacionalista salientou o “intenso, permanente e rigoroso traballo” do Bloque durante o actual mandato, que o converteu na oposición “real” acompañando cada crítica e denuncia dunha proposta “en positivo”, mentres outras forzas “xogaron ao pimpampum inútil de costas ás necesidades das viguesas e vigueses”.

CONSULTA A NOSA CANDIDATURA

O BNG completa unha candidatura con “entusiasmo, compromiso e enerxía” para levar Vigo máis alá