Coñece a candidatura do BNG de Vigo 2023

Candidatura do BNG Vigo ás eleccións municipais de 2023
Candidatura do BNG Vigo ás eleccións municipais de 2023
Coñece a candidatura do BNG de Vigo 2023

1. Xabier Pérez Igrexas Val do Fragoso

Concelleiro e Portavoz municipal do BNG de Vigo desde o 2019, desenvolvendo neste tempo máis de 800 iniciativas e propostas para mellorar a nosa cidade. Implicado desde moi novo nos movementos sociais, fixo parte activa do asociacionismo veciñal desempeñando como secretario da FAVEC, no estudantil como secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, e tamén a nivel sindical asumindo diferentes responsabilidades na CIG. Administrativo de profesión, exerceu tamén como colaborador xornalístico en diferentes medios de comunicación.

2. Ana Martínez Piñeiro A Salgueira

Licenciada en Xeografía e Historia e Especialista en Xestión da Información na Administración e na Empresa. Bibliotecaria na Universidade de Vigo desde 2001. Vicerresponsábel local e responsábel de Cultura e Lingua do BNG de Vigo, colaborou coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na elaboración da súa base de datos de discografía da música tradicional.

3. Filipe Abalde Comesaña  Navia

Diplomado en Educación Física. Foi adestrador e preparador físico no fútbol base. Foi membro da directiva da S.C.D. Atlántida de Matamá e do Colectivo Malaherba. Vencellado ao celtismo, fai parte activa do Colectivo Galeguista “Nós”. Durante anos operario na automoción, actualmente traballa no audiovisual galego no eido da interpretación.

4. Elsa Quintas Alborés  Candeán

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada con despacho profesional aberto en Vigo. Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Activista lingüística, cultural e ambiental, fai parte de numerosas asociacións que defenden a nosa cultura e o ambiente. 

5. Brais Ruanova Vilas-Boas  Bembrive

Graduado superior en Química Industrial, traballa no departamento de produción dunha empresa multinacional do sector agroquímico. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova durante 5 anos e na actualidade é Responsábel de Organización do BNG na comarca de Vigo. 

6. Carmela González Iglesias  Saiáns

Deputada do BNG no Parlamento galego e responsábel local da fronte nacionalista en Vigo. Profesionalmente é funcionaria da Xunta de Galiza, actualmente na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza en Vigo. Participou desde moi nova no movemento veciñal, foi parte da directiva da AV San Xurxo de Saiáns e da FAVEC. Colaborou coa Escola do Vigo Rugby Club.


7. Manuel Caride Correa
 O Calvario

Licenciado en Socioloxía. É o responsábel do BNG na comarca de Vigo e forma parte desde o ano 2006 do seu Consello Nacional. Entre 2006 e 2015 fixo parte da equipa técnica do Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo.

 

8. Olaia Chaves Fariña  A Dobrada

Estudou Relacións Laborais, mais hoxe traballa como celadora na sanidade pública. Activista social en numerosos campos, desde a solidariedade internacionalista, como parte do comité de Mar de Lumes, a defensa dos dereitos nacionais, en Vía Galega, e no eido do feminismo en diferentes organizacións e plataformas.

9. Vítor Vaqueiro Foxo  Alcabre (Independente)

Licenciado en Química e doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, achándose na actualidade en situación de reformado. Exerceu a docencia como profesor de matemáticas no ensino medio e de fotografía na universidade compostelá. Director do Arquivo Pacheco no período 2007-2011, ten publicados máis de vinte libros.

10. Mª Pilar Rodríguez Pérez  Sárdoma

Enfermeira na sanidade pública. Vinculada desde moi nova á actividade sindical, na actualidade é a Secretaria Comarcal da CIG- Saúde de Vigo. Participou activamente no conflito e folga dos PACs que se desenvolveu entre 2018 e 2019. En 2019 foi elixida delegada de persoal do SERGAS. Na súa etapa estudantil participou dos Comités Abertos de Facultade.

11. Ramón Nicolás Rodríguez O Calvario
Profesor, crítico literario e escritor.
12. Tamara Martínez Villar  Teis
Mestra Educación Musical. CIG-Ensino.
13. Nuno Galán Alves  Saiáns
Estudante de ADE-Dereito, responsábel comarcal
de organización en GZ Nova

                             

14. María Isabel Tato Sánchez  O Calvario
Libreira
15. Eduardo Ruanova Davila  Matamá
Técnico industrial e presidente do colectivo Malaherba
16. Patricia Maquieira Gómez  Lavadores
Licenciada CC Políticas e PSX Sergas.
17. Antón Piñeiro Lorenzo  Coia
Exprofesor de Bacharelato e
expresidente do CB Seis do Nadal-Coia
18. Iria Costas Pérez  Coruxo
Estudante de Pedagoxía. Membro do Grupo
Etnográfico A Buxaina e GZ Nova
19. Xoan Carlos Rodríguez Vila  Bembrive
Técnico en laboratorio de materiais de construción
20. Chelo Lago Mariño  Navia
Sindicalista da CIG
21. David Miranda Martínez  Coia
Produtor e guionista audiovisual,
teño o cooperativismo como estilo de vida
22. Raquel Pérez Fernández  Casco Vello
Sindicalista da CIG
23. Borxa González Castro  Travesas
Autónomo, graduado en Traballo Social
24. Lidia Fariña Piñeiro  O Calvario
Colectivo xubiladas/os
e pensionistas da CIG
25. Maica Rivas Corbacho  Casablanca
Profesora, catedrática de secundaria de FP
26. Adrián Rodríguez Bravo  Lavadores
Sindicalista da CIG
27. Olaia Fernández Davila  Castrelos
Foi deputada do BNG no Parlamento galego
e portavoz no Congreso
Suplente 1. Xosé Manuel Atanes Limia
As Travesas
Enxeñeiro, adicado á docencia e ao sindicalismo
Suplente 2. María Alonso Castro
As Travesas
Estudante a mestra de educación infantil
Suplente 3. Xosé Antonio González Azpeitia
O Calvario
Artista plástico e ex-sindicalista
Suplente 4. Belén García Suárez
O Calvario
Responsábel de organización do BNG de Vigo
Suplente 5. Pedro Velasco Martínez
Navia vella
30 anos na automoción, presidente comité gkn. Músico e cantante
Suplente 6. Cristina Álvarez Álvarez
As Travesas
Bióloga
Suplente 7. Xosé Saiáns Torrado
Casco Vello
Profesor
Suplente 8. Luísa Mª Baños González
Travesía de Vigo
Xestora telefónica e delegada sindical da CIG
Suplente 9. Diego Santorio Moscoso
Centro
Enxeñeiro de camiños, profesor no ensino público secundario
Coñece a candidatura do BNG de Vigo 2023