O BNG cualifica de “disparate” que Vigo volva quedar fóra do plan de transporte metropolitano
A fronte nacionalista critica a falta de vontade de Alberto Núñez Feixóo e Abel Caballero para encontrar unha solución e apunta que nesa disputa permanente só perde a cidade.
Xabier P. Igrexas: “Queremos que Vigo asuma o seu papel para liderar, desde a cooperación e o diálogo, a súa área metropolitana e ser motor do País”

16 dec. 2021 - 14:55
O Bloque Nacionalista Galego reclama que Xunta de Galiza e Concello senten a negociar ante o “disparate” de que Vigo volva quedar fóra do plan de transporte metropolitano. A fronte nacionalista critica que tanto o presidente galego, Alberto Núñez Feixóo, como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, fagan prevalecer a disputa permanente por riba dos intereses da cidade.
“Non ten ningún sentido, é un disparate que o maior núcleo urbano da área metropolitana de Vigo non faga parte dun plan de transporte que, sendo manifestamente mellorábel, pode e debe ser un instrumento para facilitar a mobilidade”, sinalou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que valorou esta situación como un “exemplo clamoroso” dos efectos da pelexa partidista entre o PP e o PSOE. “Unha lea na que Feixóo e Caballero están moi cómodos e cren que algo gañan para si, mais onde é claro que sempre perde a cidade”, denunciou Igrexas.
O Bloque chama a ambas as dúas administracións a “sentar e acordar”. “Se como din o único atranco real é buscar unha solución económica para incorporar o bus urbano de Vigo dentro do sistema bonificado do transporte metropolitano, pensamos que é un obstáculo ben pequeno de existir vontade política por parte de Xunta e Concello” apuntou o edil nacionalista.
Desde a fronte nacionalista consideran que as potencialidades de Vigo en termos de crecemento e desenvolvemento pasan por apostar decididamente pola vertebración metropolitana. “No BNG non cremos nun Vigo pequeno, non queremos unha cidade amurallada. Queremos que Vigo asuma o seu papel para liderar, desde a cooperación e o diálogo, a súa área metropolitana e ser motor de todo un País”, remacha Igrexas.