O BNG pregunta ao goberno cantos cartos públicos gastou na exposición confesional instalada na Xunta

O BNG pregunta ao goberno cantos cartos públicos gastou na exposición confesional instalada na Xunta

Carme Adán considera que é “cando menos sorprendente” que a sede da Xunta acolla unha mostra relixioxa

 

Vigo, 10 de xaneiro de 2014.- A deputada nacionalista Carme Adán asegurou que a instalación dunha exposición de carácter relixioso na sede da Xunta en Vigo é “cando menos, sorprendente”, polo que presentou unha pregunta no Parlamento para que o goberno galego explique as súas xustificacións para instalar esta mostra nun edificio público.

Carme Adán critica a cesión dun edificio administrativo público da cidade para unha exposición de corte relixioso, pragada de paneis con crucifixos e símbolos relixiosos. Ao respecto, a deputada do Bloque demanda ao goberno galego que explique o uso de recursos públicos para organizar esta exposición e que gasto supuxo a súa montaxe.

“Un edificio público non é de ningún xeito o lugar apropiado para unha exposición de carácter confesional”, destaca Carme Adán, polo que considerou que a Xunta debe dar explicacións sobre a súa decisión e respectar a aconfesionalidade do Estado.

 

O BNG pregunta ao goberno cantos cartos públicos gastou na exposición confesional instalada na Xunta