O BNG pregunta á Xunta que vai facer diante da desprotección dos usuarios do centro san Francisco

O BNG pregunta á Xunta que vai facer diante da desprotección dos usuarios do centro san Francisco

O Bloque tamén demanda respostas ao executivo autonómico sobre a vulneración dos dereitos de traballadores do centro

 

Vigo, 9 de outubro de 2014.- A deputada do BNG, Carme Adán, traslada ao Parlamento galego a situación de desprotección pola que atravesan usuarios e usuarias con discapacidade do centro san Francisco de Vigo, presentando dúas preguntas para a súa resposta en pleno e en comisión. Asemade pregunta ao goberno galego que actuacións levará a cabo diante da situación na que quedan os traballadores e traballadoras do centro, en tanto que o concurso promovido pola Xunta non incluíu a subrogación de persoal.

“A total desprotección na que quedan as persoas con discapacidade deste centro e os traballadores e traballadoras é evidente e o goberno galego debería amosar a súa sensibilidade neste caso”, subliña Carme Adán, ao tempo que considera á Consellería de Traballo e Benestar culpable desta situación.

Para o BNG é lamentable que o goberno galego obrigue ao traslado de máis de 70 persoas con discapacidade intelectual, que durante anos foron usuarias do centro san Francisco, a un centro privado. “É terrible para elas perder o seu centro de referencia durante anos”, comenta a deputada nacionalista.

O BNG pregunta á Xunta que vai facer diante da desprotección dos usuarios do centro san Francisco