O Bloque esixe que o goberno local garanta os dereitos laborais da plantilla das concesionarias

O Bloque esixe que o goberno local garanta os dereitos laborais da plantilla das concesionarias

Iolanda Veloso subliña que o concelleiro de Emprego “ten a obriga de atender aos traballadores e traballadoras”

 

Vigo, 7 de novembro de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, acusou ao goberno local de facer “deixación das súas competencias” a respecto do conflito de Cespa. En resposta ás preguntas dos medios, salientou que o Bloque sempre foi “moi claro” ao defender que “é necesario garantir os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras das concesionarias que traballan para o Concello”.

Iolanda Veloso defendeu que as condicións laborais deben figurar no prego de condicións e que non se poden aprobar pregos que non garantan os dereitos laborais e que precaricen as condicións de traballo das empresas que teñen unha concesión municipal.

No caso concreto de Cespa subliñou que o Concello non pode seguir escudándose en que é un conflito entre a empresa e os seus traballadores e traballadoras, “non pode mirar para outro lado, sen responder sobre esta situación”. Neste sentido salientou que o concelleiro “ten a obriga de atender aos traballadores e traballadoras”e velar para que os seus dereitos se cumpran.

 

O Bloque esixe que o goberno local garanta os dereitos laborais da plantilla das concesionarias