O BNG de Vigo chama o resto de forzas a participar en debates electorais cara ás municipais do 28M

Xabier P. Igrexas, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo
Xabier P. Igrexas, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O candidato nacionalista envía unha carta aos cabezas de lista de PSOE, PP e Podemos-Marea de Vigo para que se comprometan a cumprir con esta “obriga democrática”

Xabier P. Igrexas: “Os debates son un dereito da cidadanía a coñecer as alternativas de cada forza en primeira persoa sen que ninguén se agoche detrás da propaganda”

O BNG de Vigo chama o resto de forzas a participar en debates electorais cara ás municipais do 28M

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo chama o resto de forzas políticas a participar en debates públicos cara ás eleccións municipais do 28 de maio. O candidato nacionalista á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, vén de enviar unha carta aos cabezas de lista de PSOE, PP e Podemos-Marea de Vigo para que se comprometan a cumprir con esta “esixencia democrática” e para trasladar a súa “total disposición” a participar en todas os debates que organicen os medios de comunicación e os colectivos sociais e veciñais.

“Os debates son unha necesidade democrática, unha obriga para as distintas formacións que concorremos aos comicios municipais”, defendeu Igrexas, que asegurou que, sobre todo, son un “dereito da cidadanía a poder coñecer as alternativas e as propostas, o proxecto de cidade para Vigo que ten cada unha das forzas políticas con representación actualmente no Pleno”.

Así, o candidato do BNG chamou os seus homólogos Abel Caballero (PSOE), Marta Fernández-Tapias (PP) e Rubén Pérez (Podemos-Marea de Vigo) a estar “á altura da esixencia democrática” das viguesas e dos vigueses.“Quero confiar en que as restantes candidaturas estarán tamén dispostas como o Bloque a contrastar, a dialogar e a poñer en común as propostas que temos para Vigo”, salientou.

“O BNG sempre estamos e estaremos dispostos a debater”

Igrexas reclamou que o fagan os cabezas de lista “en primeira persoa sen que ninguén se agoche detrás da propaganda”, mais advertiu da necesidade de garantir que os debates teñan “formatos equitativos e respectuosos coa pluralidade” que existe na cidade.

CARTA DO CANDIDATO DO BNG DE VIGO AO RESTO DE CABEZAS DE LISTA

O BNG de Vigo chama o resto de forzas a participar en debates electorais cara ás municipais do 28M