O BNG de Vigo demanda unha ofensiva municipal fronte as casas de apostas

A fronte nacionalista propón a realización dunha intensa campaña de prevención focada na mocidade, endurecer as restricións urbanísticas e incrementar a fiscalidade municipal, así como intensificar as inspeccións nas salas de xogo.

Xabier P. Igrexas:«Non podemos ollar para outro lado mentres as casas de apostas siguen facendo negocio arruinando os nosos barrios. O Concello ten que plantarlles cara»

O BNG de Vigo demanda unha ofensiva municipal fronte as casas de apostas

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar ao Goberno local de Vigo o despregamento dunha «ofensiva muncipal» fronte a proliferación das casas de apostas e salas de xogo na cidade.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que arestora son máis de 20 os locais de casas de apostas instalados nun bo número de barrios da cidade, un fenómeno que cualificou de «ameaza social, nomeadamente para a mocidade e as persoas en situación de vulnerabilidade no actual contexto de crise». Neste sentido, advertiu de que «as apostas, os xogos de azar e a ludopatía son un risco real e constitúen unha verdadeira estafa social que se ceba sobre todo cos sectores sociais de menores recursos».

Xabier P. Igrexas: «Non podemos ollar para outro lado mentres as casas de apostas siguen facendo negocio arruinando os nosos barrios. O Concello ten que plantarlles cara»

Desde o BNG propoñen tres medidas concretas para a súa posta en marcha por parte do Concello. En primeiro lugar, demandan que coincidindo co inicio do vindeiro curso escolar se despregue unha «intensa campaña de prevención e sensibilización, enfocada especificamente á mocidade» para contrasrrestar a «publicidade descontrolada que intoxica con mensaxes que tentan banalizar as apostas e presentalas como unha opción de lecer». Chaman, ademais, a intensificar e endurecer as restricións urbanísticas e a aumentar a fiscalidade municipal para dificultar a actividade das casas de apostas. Por derradeiro, instan a intensificar as inspeccións por parte da Policía Local para garantir de maneira esixente que se cumpra a normativa, nomeadamente a impedir o acceso de menores.

 

O BNG de Vigo demanda unha ofensiva municipal fronte as casas de apostas