O BNG de Vigo esixe explicacións ao Concello por impedir a celebración do Feito a Man tras 37 anos

[Foto: O Feito a Man]
[Foto: O Feito a Man]

A fronte nacionalista lembra que xa advertiu en novembro de que os atrancos do Concello podían provocar que non se celebrase unha nova edición desta emblemática feira de artesanía

Xabier P. Igrexas: “Non queremos pensar que o problema do Feito a Man é que alguén pense que era un competidor para o Cíes Market que xestiona unha empresa madrileña”

O BNG de Vigo esixe explicacións ao Concello por impedir a celebración do Feito a Man tras 37 anos

O Bloque Nacionalista Galego culpa á “sabotaxe institucional” do Goberno municipal de Abel Caballero de impedir a realización do Feito a Man en Vigo, tras 37 anos sendo un referente do nadal da cidade. A fronte nacionalista lembra que xa advertiu en novembro, na Comisión Informativa de Comercio, de que os atrancos do Concello podían provocar que non se celebrase unha nova edición desta emblemática feira de artesanía.

“O BNG esiximos de maneira clara e rotunda que o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, dea a cara para explicarlle á cidade os motivos polos que en lugar de apostar por promocionar, facilitar e promover a realización deste evento, que puña a Vigo no mapa da artesanía en Galiza, decidiu impedilo”, denunciou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após a confirmación este xoves por parte da Asociación Galega de Artesanía de que os obstáculos municipais impiden a súa realización.

O edil nacionalista asegurou que desde o BNG “non queremos pensar que detrás desta decisión absolutamente irracional e inxustificábel haxa escuros intereses”

O candidato do BNG cuestionou se as razóns para esta “sabotaxe” poden ser que “alguén pense que era un competidor para ese Cíes Market que xestiona unha empresa madrileña”.

Igrexas lamentou que este 2022 sexa a primeira ocasión, agás polo paréntese da pandemia en 2020, que esta importante feira non se celebra en Vigo en 37 anos. “Non podemos compartir este modelo de nadal caprichoso, este modelo de nadal á carta e para os amigos que promove Abel Caballero”, reprochou. 

O BNG de Vigo esixe explicacións ao Concello por impedir a celebración do Feito a Man tras 37 anos