O BNG de Vigo esixe explicacións a Caballero polo peche “até novo aviso” da Casa da Xuventude
A fronte nacionalista denuncia que este espazo, que leva varios anos sen apenas servizo nin actividade, apareceu pechado sen previo aviso de xeito similar ao sucedido coa clausura hai case unha década do Súbete o Castro
Xabier P. Igrexas: “O Goberno de Abel Caballero o único que lle ofrece á
O Bloque Nacionalista Galego esixe explicacións urxentes do Goberno de Abel Caballero polo peche “até novo aviso” da Casa da Xuventude de Vigo. A fronte nacionalista denuncia que este espazo, que leva varios anos sen apenas servizo nin actividade, apareceu clausurado sen previo aviso de xeito similar ao sucedido hai case unha década do Súbete o Castro, que nunca volveu reabrir as súas portas.
“Non podemos permitir que coa
Igrexas enumerou as numerosas “iniciativas pioneiras e de éxito” desaparecidas nos últimos anos como as Noites Vivas, a Liga de Improvisación Teatral ou os Castroconcertos. No mesmo camiño, o Goberno de Abel Caballero clausurou sen motivo nin explicación o proxecto Súbete ó Castro e pouco despois pechou o Punto Xove. Unha política que continuou co intento de “reducir á mínima expresión” un espazo tan importante para a mocidade como Vigosónico, e agora co peche da Casa da Xuventude.
Espazos públicos de lecer alternativo
“Desde o BNG temos que esixirlle o alcalde que deixe de castigar ás
Aliás, Igrexas reivindicou que a mocidade “necesita e merece” unha política xuvenil que garanta dende o Concello o seu dereito a emprender un proxecto de vida propio, con políticas que faciliten o acceso ao emprego e á vivenda, tal como leva anos pedindo o Bloque malia as reiteradas negativas do Goberno municipal.