CORONAVIRUS

O BNG de Vigo organiza unha mesa redonda virtual sobre as consecuencias sociais do coronavirus

Cartel Mesa Redonda BNG

Emitirase ao vivo este venres 29 de maio a partir das 18h desde a páxina de Facebook do Bloque vigués.

Contará coas intervencións de Chus Lago (Contorna Social), Alberto Gonçalves (CIG), Antón Bouzas (Os Ninguéns) e mais do portavoz municipal, Xabier P. Igrexas e a deputada no Parlamento galego, Montse Prado.

O BNG de Vigo organiza unha mesa redonda virtual sobre as consecuencias sociais do coronavirus

O Bloque Nacionalista Galego organiza unha mesa redonda virtual en Vigo centrada en abordar as consecuencias sociais derivadas da actual crise sanitaria do coronavirus. O evento, emitirase ao vivo este venres 29 de maio a partir das 18h desde a páxina de Facebook do BNG de Vigo (www.facebook.com/bngvigo).

Na mesa tomarán a palabra Chus Lago, da asociación Contorna Social; Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG de Vigo; e Antón Bouzas, do Foro Socioeducativo ‘Os Ninguéns’. Tamén participarán o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais a deputada no Parlamento galego, Montse Prado.

“Queremos facer unha posta en común, unha reflexión colectiva en voz alta, sobre que reptos sociais nos vai presentar a crise sanitaria do coronavirus, sobre como está a impactar xa na vida das persoas e especialmente nos sectores máis vulnerábeis”, explica Igrexas. O edil nacionalista pon en valor esta iniciativa, que encadra no “diálogo permanente” que o Bloque mantén cos movementos sociais, de cara a definir de maneira participativa liñas de actuación co obxectivo de “impedir que esta crise volvan pagala as clases populares e traballadoras”.

Igrexas e Prado darán conta das propostas e alternativas que a fronte nacionalista ten definido a nivel local e galego desde un punto de vista social. “As medidas a adoptar son para nós ben claras, o lamentábel é que nin Goberno municipal nin Xunta teñan o compromiso necesario para levalas á práctica coa urxencia e o alcance que se necesita”, lamenta Igrexas.

O BNG de Vigo organiza unha mesa redonda virtual sobre as consecuencias sociais do coronavirus