CORONAVIRUS

O BNG de Vigo pon en marcha un “monitor social” para facer seguimento dos efectos sociais da crise do Covid-19

SAVE_20191120_181712

Articularán un contacto “fluído e permanente” cos principais movementos sociais, organizacións sindicais e comités de empresa da cidade, para “radiografar” en tempo real a situación social e despregar as medidas necesarias. 

Xabier P. Igrexas: “Temos que evitar que os custos da crise do coronavirus sexan pagados polas clases traballadoras e populares”. 

O BNG de Vigo pon en marcha un “monitor social” para facer seguimento dos efectos sociais da crise do Covid-19

O BNG de Vigo puxo hoxe en marcha un “Monitor Social” da crise do coronavirus na cidade de Vigo. Unha iniciativa coa que pretenden realizar un seguimento permanente da crise sanitaria e dos seus efectos sociais.  

O concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, explicou que con este “monitor social” reforzarán e sistematizarán o contacto cos principais movementos sociais, organizacións sindicais e comités de empresa da cidade, co obxectivo de “recoller en tempo real a evolución da situación e as necesidades sociais que vai ir provocando”. As principais centrais sindicais da cidade, o movemento veciñal, colectivos profesionais, comités de empresa das actividades de maior relevo, entidades do ámbito da intervención social e o educativo, farán parte do panel co que monitorizar a situación.  

Resultado desa interlocución que queren facer “fluída e continuada” pretenden recoller propostas que trasladar, desde a lealdade institucional e a disposición á cooperación, ao Comité Municipal de Seguimento do Covid-19 e a outras administracións, co obxectivo de evitar que os custos da crise do coronavirus “sexan pagados polas clases traballadoras e populares”. 

“Este monitor social quere facer útil o coñecemento de primeira man, a pé de rúa, que teñen as organizacións e colectivos sociais, para realizármonos unha radiografía completa da situación na cidade e, sobre todo, para anticipar as medidas necesarias para protexer o pobo”, explicou Igrexas. O edil nacionalista recalcou a necesidade desta iniciativa nun contexto onde, após o anuncio da prórroga do estado de alarma, todo apunta “a que imos enfrontar unha crise demorada no tempo e hai que estar preparadas e preparados”. 

O BNG de Vigo pon en marcha un “monitor social” para facer seguimento dos efectos sociais da crise do Covid-19