O BNG de Vigo reivindica cun roteiro guiado a figura Fernández del Riego diante da “inacción” do Concello

-7bq6l4
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Ramón Nicolás no inicio do roteiro

A actividade foi conducida polo profesor, crítico literario e académico correspondente da RAG, Ramón Nicolás, e percorreu os principais lugares relacionados con “Don Paco”

A concelleira e responsábel de Cultura do BNG de Vigo, Ana Martínez, critica que no ‘Ano del Riego’ o Concello apenas realizase ningunha actividade para valorizar unha “figura chave historia da cidade”

Xabier P. Igrexas: . “A indiferenza do Goberno municipal pola figura de Fernández del Riego non é máis que un exemplo do seu profundo desprezo contra da nosa cultura. É o penúltimo capítulo da galegofobia e do autoodio que practica Abel Caballero”

O BNG de Vigo reivindica cun roteiro guiado a figura Fernández del Riego diante da “inacción” do Concello

9xoqcv

O Bloque Nacionalista Galego realizou esta mañá un roteiro guiado para dar a coñecer “O Vigo de Fernández del Riego”. Unha iniciativa coa que queren dar a coñecer a figura do senlleiro galeguista e a súa fonda pegada na nosa cidade e que contrapoñen á “inexplicábel e ofensiva inacción do Concello de Vigo” que non realizou ningunha actividade malia ser o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2023.

O roteiro iniciouse ás 10:15 no IES Castelao, no Calvario, e despois de atravesar diferentes puntos da cidade relacionados con “Don Paco”, está previsto que conclúa ás 13:30 na Pinacoteca que leva o seu nome. O mesmo foi guiado polo profesor, crítico literario e académico correspondente da Real Academia Galega, Ramón Nicolás.

Francisco Fernández del Riego naceu en Lourenzá, pero despregou todo o seu traballo cultural e político en Vigo. A editorial Galaxia, o seu traballo como investigador da nosa literatura e a nosa cultura, o seu traballo na Biblioteca Penzol, e o legado documental e artístico que deixou nesta cidade, “son elementos máis que suficientes para considerar Fernández del Riego unha persoa chave na historia de Vigo”, explicou no inicio do acto a concelleira e responsábel de Cultura do BNG de Vigo, Ana Martínez.

Falla de actividade municipal

khcfzl

“Neste ano no que a RAG lle dedicou o Día das Letras Galegas, o Concello de Vigo non se preocupou en absoluto de dar a coñecer a súa figura, máis alá da reinauguración do seu busto na praza que leva o seu nome, e que foi realmente unha excusa para inaugurar a súa remodelación a poucos días das eleccións”, reprocha Martínez.

Desde a fronte nacionalista criticaron tamén o escaso alcance da exposición programada na Pinacoteca por causa dos “escasísimos horarios de apertura e da raquítica promoción da mesma”. Nesa misma liña lamentan a falla de medios municipais para dar a coñecer os fondos da biblioteca de Fernández del Riego que xenerosamente legou á Fundación Penzol.

O Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribíu a falla de actividade do Concello arredor dunha figura “tan potente para a cultura e historia da cidade” dentro da política de “desertización cultural” que impón o Goberno municipal. “A indiferenza do Goberno municipal pola figura de Fernández del Riego non é máis que un exemplo do seu profundo desprezo contra da nosa cultura. A falla de actos e actividades para celebrar a súa pegada imborrábel na nosa cidade é apenas o penúltimo capítulo da galegofobia e do autoodio que practica Abel Caballero”, reprochou con contundencia Igrexas.
 

O BNG de Vigo reivindica cun roteiro guiado a figura Fernández del Riego diante da “inacción” do Concello