Iolanda Veloso critica a falta de vontade negociadora do goberno local no conflito da concesionaria

Iolanda Veloso critica a falta de vontade negociadora do goberno local no conflito da concesionaria

A portavoz municipal do BNG defende que os pregos de condicións deben garantir as condicións laborais dos traballadores e traballadoras

 

Vigo, 14 de novembro de 2014.- A voceira municipal nacionalista, Iolanda Veloso, acusou á a falta de diálogo e vontade negociadora do goberno local para solucionar o conflito de Cespa, ao seu xuízo presentes en todos os conflitos das concesionarias. “É inconcibible a actitude de 'isto non vai con nós'”, asegurou.

Iolanda Veloso defendeu que o Concello de Vigo “ten que ter sempre algo que dicir, especialmente cando se trata dunha empresa que traballa para o propio concello”, e resaltou que precisamente e o conflito xorde polo prego de condicións que elabora o goberno local. “Se é necesario modificar o prego que se modifique, pero que se garantan as condicións laborais dos traballadores e traballadoras”, afirmou.

“Para nós é unha prioridade que unha administración asuma a necesidade de garantir os dereitos laborais”, destacou a portavoz municipal do BNG, quen cualificou de “preocupante” que nos propios pregos do Concello se tomen medidas para recortar dereitos e garantir os beneficios das empresas.

 

Iolanda Veloso critica a falta de vontade negociadora do goberno local no conflito da concesionaria