Serafín Otero: “Se o BNG non iniciara o proxecto do mercado do Progreso, aínda estaría nun caixón”

Serafín Otero: “Se o BNG non iniciara o proxecto do mercado do Progreso, aínda estaría nun caixón”

O candidato nacionalista salienta que se esta infraestrutura non está rematada é "unicamente polo desinterese do alcalde”

 

Vigo, 11 de marzo de 2015.- O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Serafín Alonso, lembrou que o mercado do Progreso tiña que estar xa rematado no 2012 e que se a día de hoxe está aínda en obras é “unicamente polo desinterese do alcalde”. Considerou que a Caballero lle interesan máis as losetas que os postos de traballo dos comerciantes.

“Se o Bloque non tivese empezado o proxecto, quedaría nun caixón, como pasou co mercado do Berbés”, salientou Serafín Otero, quen asegurou que será grazas ao BNG que os comerciantes dispoñan dun mercado que atenda ás súas demandas e contemple as súas necesidades.

Otero lembrou que se produciron atrasos polas modificacións do proxecto inicial, pero que o BNG “sempre apoiou as modificacións orzamentarias necesarias”. “O alcalde non pode dicir que a culpa é do BNG cando leva catro anos gobernando e o mercado do Progreso debería estar rematado hai tres”, concluíu.

 

Serafín Otero: “Se o BNG non iniciara o proxecto do mercado do Progreso, aínda estaría nun caixón”