Vigo amosa a súa solidariedade co pobo palestino

Vigo amosa a súa solidariedade co pobo palestino

 

Ducias de persoas participaron en Vigo na concentración convocada polo BNG este luns á tarde en apoio ao pobo palestino e para rexeitar a nova agresión do Estado de Israel. Esta concentración súmase ao resto de mobilizacións convocadas no resto de cidades e vilas galegas para denunciar a masacre que dende hai días sofre a  poboación civil de Gaza.

Galiza amosou a súa solidariedade con Palestina denunciando a pasividade da comunidade internacional ante o xenocidio do pobo palestino e reclamando, tamén ao Goberno español, unha solución xusta para Palestina, que pasa pola creación dun Estado propio, a fin da colonización israelí e o respeito aos dereitos humanos.

Vigo amosa a súa solidariedade co pobo palestino