Xabier P. Igrexas: “O PP en lugar de defender a pacientes e persoal de Povisa volve ser cómplice da empresa”

povisa04

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, pide non aceptar a chantaxe da empresa “que utiliza como reféns ás persoas doentes e as traballadoras e traballadores para aumentar beneficios”.

Igrexas cualifica de “bochornoso e indefendíbel” o veto do PP a unha iniciativa parlamentar do BNG que demandaba garantir a asistencia sanitaria e o emprego.

Xabier P. Igrexas: “O PP en lugar de defender a pacientes e persoal de Povisa volve ser cómplice da empresa”

povisa01O BNG reclama que o Goberno de Feixóo explique a negociación que mantén co grupo empresarial propietario de Povisa, porque está en xogo a prestación sanitaria de 139.000 persoas e conta cun cadro de persoal de 1.400 efectivos, e porque mantén un concerto co hospital público superior aos 600 millóns de euros.

O candidato do BNG na cidade de Vigo, Xabier P. Igrexaz, criticou a “complicidade do Partido Popular” posicionándose a carón da empresa en lugar de “defender o mantemento dos postos de traballo, as condicións laborais das traballadoras e traballadores deste centro sanitario” e os servizos que estes prestan á veciñanza da área sanitaria viguesa.

povisa01Ante o rexeitamento desta proposición, Igrexas calificou de “bochornoso” o comportamento do Partido Popular, vetando no dia de onte a Proposición non de Lei apresentada polo BNG. A este respeito demandou expresamente á candidata do PP de Vigo, Elena Muñoz, a que “explique diante das viguesas e vigueses esa posición indecente que traizoa os intereses da cidade”

A iniciativa demandaba garantir a asistencia sanitaria a todas as persoas de Vigo e da súa área de influencia que están adscritas a Povisa. Aliás, a fronte nacionalista exixe que esta asistencia se preste coa mesma calidade asistencial que se presta en calquera outro centro médico do SERGAS para “evitar a existencia de pacientes de primeira e de segunda categoria”. Por outra banda, a Proposición non de Lei, apresentada pola organización frentista, procura que nas negociacións que ten abertas a día de hoxe o SERGAS co grupo empresarial propietario de Povisa “se garantan sobre todo as condicións laborais e o mantemento dos postos de traballo nese centro”, afirmou o candidato nacionalista.

Área Sanitaria 100% pública

povisa03O BNG aposta en traballar en que toda a poboación sanitaria de Vigo reciba unha atención totalmente pública e nese sentido, “cómpre dar pasos para rematar coa dependencia de Povisa”. Igrexas, afirma que ante a chantaxe da empresa compre aplicar os “mecanismos legais necesarios para asegurar que unha dotación de interese publico como un Hospital, que presta un servizo publico como é a atención sanitaria, se coloque baixo dirección publica”. “Non se pode permitir que a empresa utilice como reféns ás persoas doentes e traballadoras e traballadores”, remachou.

Xabier P. Igrexas: “O PP en lugar de defender a pacientes e persoal de Povisa volve ser cómplice da empresa”