DEFENDEDEMOS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE RECUPERACIÓN DO NOSO RÍO

Bará pregunta no Parlamento polas obras que afectan ao Lagares en Cabral

Luis Bará
Luis Bará

Luís Bará presentou unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno galego para determinar se Augas de Galiza autorizou ou coñece as obras e para demandar que se investiguen.

Bará pregunta no Parlamento polas obras que afectan ao Lagares en Cabral

O BNG vén de presentar unha batería de preguntas no Parlamento galego a respeito das obras que se están a realizar no cauce do río Lagares na altura da parroquia de Cabral. A iniciativa do deputado Luís Bará, pretende esclarecer se a Xunta ten coñecemento dunhas obras nas que se están a “colocar pedras e saquetas en pleno cauce fluvial, alterando o seu curso natural e empregando maquinaria pesada”.

Lembramos que son históricos os problemas ambientais e agresións que padece o río Lagares. É por iso que advertimos de que calquera actuación “que altere ou afecte o seu cauce constituiría un feito moi grave que exixía a intervención de Augas de Galiza paralizando a actuación e aplicando as sancións oportunas”. No concreto, Bará interroga ao Goberno galego sobre se Augas de Galiza sabe da existencia desas obras, sobre se as mesmas contan coa preceptiva autorización. Aliás, o deputado nacionalista pregunta sobre que accións pensa adoptar a Xunta para garantir o mantemento do cauce do curso fluvial do Lagares e tamén sobre se a administración contempla aplicar medidas sancionadoras contra as persoas ou entidades que promoveron estas actuacións.

Abandono

Para o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, esta situación volve deixar en evidencia “o absoluto abandono que padece o río Lagares por parte da administración directamente responsábel, como é a Xunta de Galiza, pero tamén do absoluto desleixo e inacción do Concello de Vigo que olla para outro lado unha e outra vez diante das agresións contra o río”. Otero, volveu reiterar a necesidade de elevar o nivel de protección do río Lagares e defendeu a posta en marcha dun plan de recuperación e posta en valor do “máis importante curso fluvial da cidade e un dos seus principais corredores verdes”.

Bará pregunta no Parlamento polas obras que afectan ao Lagares en Cabral