A PORTAVOZ NACIONAL PRESENTARÁ A PROPOSTA DO BNG PARA UNHA GALIZA SOBERANA.
Encontro sindical con Ana Pontón sobre as Bases Democráticas
Ana Pontón estará en Vigo este mércores 13 de decembro nun encontro sindical para a presentación e debate das Bases democráticas para unha nova Galiza. Será ás 20,15 horas no salón de actos da sede da CIG en Vigo.
A portavoz nacional do BNG manterá un encontro sindical en Vigo para a presentación e debate das Bases democráticas. O salón de actos da sede da Confederación Intersindical Galega acollerá este mércores 13 de decembro ás 20.15 horas un encontro de Ana Pontón con traballadoras e traballadores sindicalistas no que se realizará un coloquio sobre a proposta do Bloque expresada nas Bases democráticas para unha nova Galiza. O BNG lanza esta proposta coma punto de partida para o debate entre axentes sociais e o tecido asociativo para que Galiza avance como nación.
O pobo galego precisa dar un paso adiante, conseguir o seu recoñecemento como nación, acadar un sistema económico xusto e solidario, blindarmos os dereitos sociolaborais da clase traballadora e pór en marcha medidas contra a precariedade e a explotación. Galiza precisa capacidade fiscal xusta e soberana, xestionar as infraestruturas como AP-9 e os aeroportos, e decidir por nós sobre o sector enerxético ou a política forestal.
Desde o Bloque Nacionalista Galego lanzamos esta proposta para darmos o debate e construír unha Galiza nova e soberana, porque ter e exercer a soberanía nacional implicaría ter as ferramentas para mellorar as condicións do pobo galego e das clases traballadoras.