CONVIDÁMOSTE UN ANO MÁIS AO ROTEIRO POLAS ILLAS CÍES QUE ORGANIZAMOS DESDE O BNG O DOMINGO 16 DE XULLO.
Roteiro polas Illas cíes
Convidámoste un ano máis ao roteiro polas Illas Cíes que organizamos desde o BNG. Será o domingo 16 de xullo, para coñecer o noso entorno, a riqueza natural da Galiza e pasarmos un tempo de convivio. Animámosvos a participar e a facer extensiva esta información.
Hora de saída de Vigo: Concentrarémonos ás 10:30h. no peirao de onde saen os barcos para as Illas Cíes, no Porto de Vigo. Partiremos ás 11:00h. cara ás Illas Cíes.
Ruta en barco: Saída do peirao de Rodas ás 12:00 horas para realizar o percorrido en barco, no que poderemos observar as illas en todo o seu perímetro, cunha duración de aproximadamente 2 horas.
Desembarco ás 14:00 horas no Peirao de Rodas. As persoas que non desexen participar desta parte do roteiro poderán desembarcar previamente no Peirao de Rodas.
Xantar: Correrá a cargo de cada quen. Estará aberto o restaurante do cámping (cómpre facer reserva). Rutas a pé: Percorrido a pé polas Illas de Monte Faro e de Monteagudo, en grupos dunhas 50 persoas.
Regreso a Vigo: Ás 19:30h regreso ao peirao de Vigo a onde chegaremos sobre ás 20:15 horas. Custe, prazo para reservas e pago de billetes:
O custe do roteiro é de 15 € para maiores de 12 anos, de 8€ para nen@s 4 a 12 anos, e de balde para menores de 0 a 3 anos.
O número de prazas está limitado a 245 persoas.
No caso de chegarmos a este número, abriremos unha listaxe de agarda numerada por orde estrita de chamada ou chegada de correo electrónico.
Os billetes mércanse na sede comarcal do BNG en Vigo (r/Celso Emilio Ferreiro, 3 -Baixo).
A reserva de praza podes facela na sede comarcal, chamando ao986.44.73.00 ou enviando un correo a [email protected], indicando o nome completo e número do DI de cada persoa (no caso de menores, indicar idade), e un teléfono de contacto. A praza estará reservada un máximo de 4 días desde a reserva e confirmada no momento do abono do seu importe. A data límite para reservar a praza e abonar o billete será o 10 de xullo ás 14h.