LUÍS BARÁ: “O ACORDO NO PARLAMENTO A INICIATIVA DO BNG É UN IMPORTANTE AVANZO, E HAI QUE LEVAR ESTE DEBATE AO CONGRESO CUNHA GRANDE MOBILIZACIÓN SOCIAL”

O BNG demanda a inclusión de Vigo e Galiza no corredoiro ferroviario atlántico

IMG-20170623-WA0005
Encontro BNG

“Se non inclúen a Vigo no corredoiro atlántico destruirán a nosa industria e traballo, e iso non o podemos permitir”, asegurou Serafín Otero.

 

O BNG demanda a inclusión de Vigo e Galiza no corredoiro ferroviario atlántico

 Luís Bará: “O acordo no Parlamento a iniciativa do BNG é un importante avanzo, e hai que levar este debate ao Congreso cunha grande mobilización social”

“Se non inclúen a Vigo no corredoiro atlántico destruirán a nosa industria e traballo, e iso non o podemos permitir”, asegurou Serafín Otero.

Ante a exclusión de Galiza no corredoiro atlántico de mercadorías, o BNG está a levar unha campaña de acumalación de apoio social para inserir a Vigo e Galiza neste trazado. Con este obxectivo, o deputado do BNG Luís Bará, e o responsábel local, Serafín Otero, mantiveron esta mañá un encontro cos secretarios coomarcais das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT sobre a Inciativa non de lei que o BNG defende para a inclusión de Galiza no corredoiro atlántico de mercadorías. Para os sindicatos a inclusión de Galiza neste trazado tamén se trata dunha prioridade. “Hai un deseño europeo da rede de transportes na que Galiza está fóra e iso déixanos como dixo un comisario europeo, como un cero á esquerda”, asegurou Luis Bará ao remate da xuntanza. O BNG trasladou ao Parlamento Galego este debate, e houbo un acordo unánime a favor de Galiza no corredoiro europeo de mercadorías así como a conexión tamén con Porto. “O acordo no Parlamento a iniciativa do BNG é un importante avanzo, pero hai que levar este debate ao Congreso e ten que haber unha grande mobilización social” afirmou Bará, para quen é fundamental un pacto para a inclusión de Galiza que conte coas organizacións sindicais, empresariais e o tecido asociativo galego, para garanter que os portos galelgos e as principais plataformas loxísticas galegas teñan conexión con eixos ferroviarios prioritarios, por tanto, ter financiación europea. “Falamos dun investimento de 23 mil millóns de euros até o 2030 para realizar eixos ferroviarios prioritarios, e o que esiximos desde o BNG é que o goberno español inclúa a Galiza nos eixos prioritarios para estar dentro dese investimento”.

O deputado nacionalista declarou que o Bloque está tendo contacto con organizacións sociais para conseguir ter forza como País, xa que a Xunta non a ten, e para que goberno do estado tome unha decisión en favor dos intereses de Galiza “xa que até o momento nos excluíron” Para o responsábel local do BNG, Serafín Otero, as organizacións estatais non se dan conta de que a contorna de Vigo é unha das principais zonas industriais e “coas decisión de excluír do corredoiro atlantico a Vigo e Galiza, destruirase a nosa industria e traballo”, por iso desde o BNG demandan a inclusión no trazado europeo de mercadorías, así como unha aposta polo transporte ferroviario de cernías, media distancia e a conexión sur con Porto.

O BNG demanda a inclusión de Vigo e Galiza no corredoiro ferroviario atlántico