NIN UN PASO ATRÁS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

Saímos á rúa con SOS Sanidade Pública para facer fronte á privatización do PP

sanidadade pública
sanidadade pública

Centos mobilizáronse este mércores 24 de xaneiro en Vigo na xornada de concentracións comarcais en defensa da sanidade pública galega. Uha vez máis, o Bloque chamou a particpar da convocatoria de SOS Sanidade Pública para facer fronte ao proxecto do PP que pretende modificar a Lei Galega de Saúde para desmantelar e privatizar a nosa sanidade. 

Saímos á rúa con SOS Sanidade Pública para facer fronte á privatización do PP

O BNG participou novamente na mobilziación de SOS Sanidade Pública en Vigo para loitar contra a pretensión do PP de modificar a Lei de Sanidade co obxectivo de desmantelar os hospitais comarcais. Mobilizámonos contra este proxecto de reforma que pretende perpetuar as estruturas de xestión integrada, que someten á atención primaria ás xerencias hospitalarias, en detrimento da promoción, prevención e atención cercana. Porque privatiza a formación a investigación e a innovación sanitarias, consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, penetrada por empresas multinacionais. Estamos loitando na rúa e nas intitucións contra a reforma do PP porque reduce e limita a participación social no control da Sanidade Pública Galega.

Nin un paso atrás na defensa da sanidade pública galega!

 

Saímos á rúa con SOS Sanidade Pública para facer fronte á privatización do PP