A ESCRITORA E XORNALISTA MONTSE FAJARDO PRESENTA INVISIBLES

Presentación en Vigo de Invisibles, de Montse Fajardo

invisibles acto
invisibles acto

O vindeiro venres preséntase en Vigo Invisibles, o novo libro da escritora e xornalista Montse Fajardo, unha obra que impulsada polo Concello de Pontevedra, recolle os relatos de mulleres maltratadas a mans das súas parellas. Unha obra necesaria que pon o foco sobre sobre os agresores e a invisibilidade das mulleres.

Presentación en Vigo de Invisibles, de Montse Fajardo

Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña son as sete valentes protagonistas, mulleres que sufriron violencia física, verbal o emocional a mans das súas parellas. As súas historias chegaron a Montse Fajardo a través dos CIM da provincia.

Organizada polo Grupo de Traballo de Acción Feminista de BNG Vigo, o venres 26 de xaneiro, ás 20:00h na Libraría Cartabón (rúa Urzáiz 125), teremos a presentación do novo libro de Montse Fajardo Pérez. Con ela estará Carme Fouces Diaz, concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.


Comparte, difunde, para que saiban que estamos aquí, que non vamos calar máis e que porque non o vexan, existimos.

Presentación en Vigo de Invisibles, de Montse Fajardo