antimilitarismo
Novas

O BNG chama en Vigo á mobilización contra o aumento do gasto militar e a escalada bélica imperialista

Lanza a campaña ‘Na Galiza: paz, soberanía, dereitos’ fronte ás consecuencias sociais da guerra e en rexeitamento do desfile en maio das Forzas Armadas españolas en Vigo

Lucía López: “O BNG defendemos unha alternativa clara: a neutralidade, a saída da OTAN, a redución do gasto militar e a devolución dos espazos militares ao pobo galego”

Xabier P. Igrexas: “Non se pode pregoar o ‘Non á guerra’ e despois promover un acto de exaltación militarista e españolista presidido pola monarquía”

Ler novas
Novas
Foto: RTVE

O BNG chama a rexeitar o desfile das Forzas Armadas españolas en Vigo: “É incompatíbel coa defensa da paz e un dispendio inxustificábel”

Reitera a súa “firme oposición” a que a cidade acolla en maio este “acto de propaganda para xustificar unha carreira armamentística da que participa o Goberno español”

O Ministerio de Defensa vai gastar case 400.000 euros nas bancadas do evento

Xabier P. Igrexas: “Non se pode pregoar o ‘Non á guerra’ e despois encher as rúas da maior cidade de Galiza con militares e armas”

Ler novas
Novas

O BNG rexeita a xornada de portas abertas nun patrulleiro da Armada en Vigo e denuncia a “normalización do militarismo”

Cuestiona o uso do porto como “escaparate de exhibición militar” e reclama que a cidade sexa referente de convivencia e defensa da paz e non de propaganda armada

Xabier P. Igrexas: “Buques militares, como o patrulleiro Tabarca, dotados con canóns e sistemas de metralladoras non son unha atracción inocente para a visita de familias”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG rexeita que Vigo acolla o desfile das Forzas Armadas: “É unha exaltación militarista e españolista”

Oponse a este acto por “arcaico e casposo” nun contexto de crecente belicismo e por ir en contra da arraigada defensa da paz da maioría das viguesas e vigueses

Critica o dispendio público e pide destinar eses fondos a axuda humanitaria na Palestina

Xabier P. Igrexas: “En democracia os militares onde deben estar é nos cuarteis, non marchando polas rúas”

Ler novas
Novas
Acto 'Galiza contra as guerras do Imperialismo'

O BNG rexeita en Vigo o aumento do gasto militar e denuncia o “silencio cómplice” co xenocidio palestino

A fronte nacionalista celebrou un acto público baixo o título ‘Galiza contra as guerras do Imperialismo’, no marco da Semana da Patria Galega, para alertar da escalada militarista

Néstor Rego: “O Estado español non pode seguir a actuar como un vasalo da OTAN e dos EUA”

Xabier P. Igrexas: “O BNG sempre dixemos non á guerra e a todas as agresións imperialistas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo esixe que o Concello non contrate con empresas ligadas á industria militar e de Israel

A fronte nacionalista reclama información detallada sobre os contratos con GuardianHomelandSecurity S.A. e demanda que se adopten medidas para vetar a calquera empresa ligada ao sector militar e de seguridade de Israel da contratación municipal

Xabier P. Igrexas: “O Concello non pode cooperar, nin directa nin indirectamente, co entramado militar que perpetra un brutal xenocidio en Palestina”

Ler novas
Novas
O portaavións “Juan Carlos I”, a fragata “Blas de Lezo” e o buque de asalto “Galicia” no porto de Vigo

O BNG de Vigo rexeita a exhibición militar en Samil que só pretende alentar o belicismo

A fronte nacionalista denuncia que ese exercicio fai parte do “perigoso discurso belicista e militarista” que empurra a OTAN, ao ditado de Washington, e que está a ser asumido con “obediencia servil” polo Goberno español de PSOE e Sumar.

Poñen en valor o “firme compromiso pola paz” demostrado de maneira reiterada pola sociedade viguesa

Xabier P. Igrexas: “A guerra non é un xogo nin un espectáculo e resulta indecente e inhumano frivolizar o drama que representa”

Ler novas