area-metropolitana
Novas
Pleno da Mancomunidade este pasado 29 de setembro 2025

O BNG demanda sacar do “punto morto” a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Cuestiona a falla de actividade deste ente, cun investimento equivalente a un café con leite por habitante o pasado exercicio e sen servizos relevantes dende hai 33 anos

Acusa a PSOE e PP de “bloquear a Mancomunidade por cálculos partidistas”

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo pasa por liderar desde a cooperación a súa realidade metropolitana, sumando esforzos na mobilidade ou na xestión dos residuos municipais”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe reactivar a Mancomunidade para convertela nun instrumento útil ao servizo da veciñanza

Denuncia que en 2024 só gastou 600 mil euros, o que supón 1,62 euros por habitante, “o equivalente a un café con leite”, malia ter xa preto de 2 millóns de euros de remanentes

Acusa a PSOE e PP de pretender a “morte por inanición” dunha Mancomunidade que, alerta, está xa en “coma profundo”

Xabier P. Igrexas: “A Mancomunidade ten que deixar de ser unha casca baleira, un logotipo sen apenas actividade que lle custa ás viguesas e vigueses 116 mil euros cada ano”

Ler novas
Novas
Campaña do BNG por un tren de cercanías en Vigo na estación de Guixar

BNG reclama implantar o servizo de cercanías na área metropolitana de Vigo

Néstor Rego aposta pola modernización da rede ferroviaria e defende a posibilidade de implantar o servizo de proximidade recuperando apeadeiros agora abandonados ou con un uso mínimo como son os de Mos, Cesantes ou Chapela.  

Xabier P. Igrexas: “Entendemos a mobilidade ferroviaria como unha forma sustentábel, moderna e eficiente de movernos”

Ler novas