bus
Novas

O BNG de Vigo denuncia unha demora “inxustificábel” de 108 días na licitación do bus urbano e alerta de inseguridade xurídica nun contrato de 470 millóns

A fronte nacionalista acusa o Goberno de Caballero de “prolongar na precariedade” a prestación dun servizo esencial para as viguesas e vigueses, incumprindo case 11 veces o prazo máximo legal para a emisión dun informe

Xabier P. Igrexas: "Estamos diante dunha tramitación absolutamente chapuceira nun dos contratos de maior volume da historia da cidade, que demostra a incapacidade de xestión do Goberno municipal”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo reclama que Caballero desista das ZBE con multas e reforce o transporte público

A fronte nacionalista aposta nun modelo con “alternativas reais” ao uso do coche particular en lugar de “prohibicións, sancións e custosos sistemas de videovixilancia”

Tacha de “ordenanza de Schrödinger” o proxecto do Goberno local por restrinxir o tráfico en catro perímetros ao tempo que aproba excepcións que permiten o tránsito habitual

Xabier P. Igrexas: “Por que insistir en aplicar un modelo fracasado, inxusto socialmente, e que non reduce as emisións porque só despraza algúns tráficos a outras rúas?”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide desistir da licitación privatizada do bus urbano para evitar pagar máis polo mesmo

Alerta de que o novo contrato elevará un 90% o custe pero sen aumentar frecuencias nin reforzar o servizo con máis buses, nin máis persoal, nin un novo mapa de liñas

A fronte nacionalista reitera a aposta por remunicipalizar o servizo a través dunha empresa pública municipal como xa fixeron outras cidades

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir é que o único cambio que aplique Caballero no autobús urbano sexa que paguemos máis polo mesmo servizo deficiente e insuficiente”

Ler novas
Novas
Pass Vigo bus

O BNG denuncia que os reiterados fallos na PassVigo impiden a gratuidade do bus para as persoas menores de 15 anos

Critica a inacción de Vitrasa e demanda ao Goberno municipal que tome medidas ante incidencias que provocan cobros indebidos nun servizo que debe ser gratuíto

Xabier P. Igrexas: “O que debera ser unha medida positiva como a gratuidade do bus para menores de 15 anos, que foi longamente reclamada polo BNG, converteuse nunha especie de tómbola por culpa de fallos técnicos que non se corrixen”

Ler novas
Novas

O BNG propón 10 alternativas para revolucionar a mobilidade en Vigo coa campaña ‘Máis buses, menos multas’

Chama a aproveitar a oportunidade coa fin da concesión do transporte urbano e a implantación das ZBE fronte ao “modelo privatizado e de sancións de Caballero”

Inicia unha rolda de encontros abertos coa veciñanza nos barrios e parroquias: a primeira este luns, 9 de marzo, na AV do Calvario ás 20:00h

Xabier P. Igrexas: “Non podemos conformarnos cun servizo de bus deficiente nin aceptar que se castigue con multas a quen non se pode permitir un vehículo híbrido ou eléctrico”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno

O BNG acusa a PSOE e PP de “hipotecar Vigo outra década cun servizo de bus insuficiente e privatizado”

Critica o voto en contra á moción nacionalista que esixía suspender a licitación do transporte urbano por manter o mesmo número de buses cun custo económico maior

O Goberno de Caballero rexeita a remunicipalización, o aumento das frecuencias, uns mellores horarios, un novo mapa de liñas e reducións no prezo do billete

Xabier P. Igrexas: “O servizo de bus urbano xestionado por Vitrasa é tan público como o Hospital Álvaro Cunqueiro en mans dunha empresa concesionaria”

¬ Censura o veto do PSOE a debater a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pedirá no Pleno a suspensión da nova licitación do bus: “Suporá 9 anos máis de mal servizo pero máis caro”

Traslada unha moción para “evitar que o Goberno de Abel Caballero hipoteque de novo a cidade cun servizo privatizado de transporte urbano insuficiente e deficiente”

Propón un modelo alternativo baixo xestión pública con máis frecuencias, mellores horarios, un novo mapa de liñas e con reducións no prezo do billete

Ler novas