bus
Novas
[Imaxe: Vigoé]

O BNG cualifica de “inocentada irresponsábel” que Caballero licite o bus urbano sen ampliar a flota nin recuperar frecuencias

Denuncia que os pregos aprobados só recollen a renovación dos vehículos máis antigos, pero mantendo a flota nos actuais 130 buses

A fronte nacionalista vai solicitar a convocatoria extraordinaria e urxente do Consello Sectorial de Transportes e mais da Comisión Informativa de Fomento e Servizos para evitar que a licitación hipoteque a cidade con 9 anos máis dun servizo de bus insuficiente

Xabier P. Igrexas: “Sen máis autobuses e sen máis persoal non é posíbel recuperar as 250 frecuencias diarias suprimidas desde a pandemia, nin mellorar horarios, nin garantir puntualidade”

Ler novas
Novas
[Imaxe: Treintayseis]

O BNG de Vigo reclama conxelar as tarifas do bus urbano en 2026 e facelo gratuíto para as persoas de baixos ingresos e desempregadas de longa duración

A fronte nacionalista demanda tamén o mantemento da gratuidade para menores de 15 anos e os descontos para menores de 30 e reclama a equiparación do bono estudante co universitario

Denuncia que Vigo ten o prezo de bus máis caro, tanto en billete ordinario como en tarifas bonificadas, das 7 cidades galegas e lembra que o pasado mes de xuño os bonos aumentaron un 20% o seu prezo

Xabier P. Igrexas: “É o momento de priorizar o uso dos recursos públicos para facilitar o acceso ao transporte colectivo, especialmente á maioría social que representan as clases populares e traballadoras”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a Caballero menos selfies con Vitrasa e máis e mellor servizo de bus urbano

Denuncia que seguen sen facerse públicas as conclusións do ‘estudo sobre a demanda do transporte urbano colectivo’ cuxo prazo de entrega rematou en outubro de 2024

Volve reclamar explicacións polo aumento dun 90% no custo previsto na nova licitación

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece un servizo de bus moderno, eficiente e plenamente público que dea alternativas reais e efectivas ao uso do vehículo privado”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde

O BNG afea a ‘pinza’ de PSOE e PP para perpetuar a privatización do bus urbano en Vigo

A proposta nacionalista para avanzar cara á remunicipalización foi tombada no Pleno por socialistas e populares a pesar das “graves deficiencias” do servizo en mans privadas

Xabier P. Igrexas: “Perdemos unha grande oportunidade para dotar a maior cidade galega dun servizo de bus urbano á altura do século XXI con pleno control do Concello”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, nun acto en Teis sobre o servizo de bus

O BNG de Vigo volve reclamar a remunicipalización do autobús urbano

A fronte nacionalista formula un voto particular, que se terá que debater e ditaminar no Pleno deste luns, avogando pola xestión directa a través da creación dunha Empresa Municipal de Transportes

Rexeita a pretensión de Caballero de manter a privatización a través dun “contrato de servizos”

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización garantirá o pleno control polo Concello, unha maior capacidade organizativa para adaptar o servizo ás necesidades da veciñanza e fará prevalecer o interese público”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo esixe a Caballero que reclame ao ministerio de Transportes o mantemento das bonificacións en tren e bus urbano

A fronte nacionalista esixe a continuidade dos descontos até como mínimo final de ano

Lamenta a inacción do Goberno de Abel Caballero diante dunha medida que vai castigar as viguesas e vigueses nunha cuestión “esencial e básica” como o transporte

Xabier P. Igrexas: “Nun momento no que se están a destinar miles de millóns de euros a máis gasto militar e armamento, non podemos aceptar que se retiren as bonificacións ao transporte. Menos tanques para alimentar a industria da guerra e máis buses e trens para todas e todos”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo alerta de que o servizo de bus urbano está no “limbo” a días da fin da concesión de Vitrasa

Demanda información sobre a prórroga técnica anunciada polo alcalde e sobre os pregos do novo contrato diante do vencemento do actual o vindeiro 7 de xuño

Insiste na “oportunidade histórica” para a cidade apostando pola remunicipalización

Xabier P. Igrexas: “O modelo privatizado xa se demostrou un pésimo negocio cun servizo deficiente e insuficiente, no que a única beneficiaria foi a empresa concesionaria”
Ler novas