O BNG de Vigo denuncia que o Goberno local identifica por motivos raciais e veta o acceso de feirantes ao Concello
A casa consistorial está hoxe valada e cun operativo policial que identifica a persoas por motivos raciais e restrinxe o acceso a aquelas que se recoñecen como feirantes e que acuden para rexistrar documentación
Xabier P. Igrexas: “Non vamos tolerar que co pretexto da seguridade ou de previr hipotéticos incidentes o Goberno de Caballero coloque barreiras raciais no Concello”