licitación
Novas

O BNG de Vigo denuncia unha demora “inxustificábel” de 108 días na licitación do bus urbano e alerta de inseguridade xurídica nun contrato de 470 millóns

A fronte nacionalista acusa o Goberno de Caballero de “prolongar na precariedade” a prestación dun servizo esencial para as viguesas e vigueses, incumprindo case 11 veces o prazo máximo legal para a emisión dun informe

Xabier P. Igrexas: "Estamos diante dunha tramitación absolutamente chapuceira nun dos contratos de maior volume da historia da cidade, que demostra a incapacidade de xestión do Goberno municipal”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide desistir da licitación privatizada do bus urbano para evitar pagar máis polo mesmo

Alerta de que o novo contrato elevará un 90% o custe pero sen aumentar frecuencias nin reforzar o servizo con máis buses, nin máis persoal, nin un novo mapa de liñas

A fronte nacionalista reitera a aposta por remunicipalizar o servizo a través dunha empresa pública municipal como xa fixeron outras cidades

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir é que o único cambio que aplique Caballero no autobús urbano sexa que paguemos máis polo mesmo servizo deficiente e insuficiente”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas reunido con representantes do Comité do SAF Vigo [Arquivo]

O BNG de Vigo reclama a Concello e Xunta un SAF digno e con mellores condicións laborais

Esixe a Caballero que os novos pregos para a licitación do servizo recollan as demandas do Comité de Empresa e que se poña fin á precariedade

Urxe a Xunta de Galiza a deixar de estrangular economicamente o SAF e a aumentar o número de horas para a cidade

Xabier P. Igrexas: “Temos que facer do SAF a verdadeira columna vertebral dun sistema público de coidados, deixando atrás o modelo de precariedade e baixos custos”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas reunido con representantes do Comité do SAF Vigo [Arquivo]

O BNG de Vigo advirte a Caballero que non se pode volver licitar un SAF precario e a baixo custo

A fronte nacionalista esixe ao Goberno municipal que atenda as demandas que lle trasladou a representación sindical do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Defende que a anulación dos pregos polo Tacgal é unha “oportunidade” para poñer fin á precariedade laboral e de prestación que se padece no SAF

Xabier P. Igrexas: “O Servizo de Axuda no Fogar debe ser a columna vertebral dun verdadeiro sistema público de coidados”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG Vigo, Xabier P. Igrexas.

O BNG de Vigo promove un Pleno extraordinario para esclarecer o “escándalo” do concerto de Guns N’ Roses

A fronte nacionalista suma o apoio do PP para convocar esta sesión na que reclamarán explicacións polas “evidentes sospeitas e indicios de graves irregularidades” que envolven a actuación e o frustrado patrocinio publicitario por parte do Goberno municipal

Entre as propostas de acordo, solicitarán a reprobación do alcalde pola “falla de transparencia e reiteradas falsidades”, crear unha Comisión Especial de Investigación e a comparecencia da concelleira de Contratación

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero ten que deixar de esconderse e aclarar por que intentou financiar de maneira irregular con case 2 millóns de euros este concerto”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e portavoz do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe ao Goberno municipal que aclare se tiña un acordo previo para patrocinar o concerto de Guns N’ Roses

A fronte nacionalista demanda a comparecencia da concelleira de Contratación diante das informacións publicadas polo xornal ‘El Salto’ que apuntan a que a licitación, que resultou deserta, foi unha “simulación” acordada coa promotora

Reclama acceso a toda a documentación sobre o concerto e o proceso de patrocinio

Xabier P. Igrexas: “É escandalosa a sospeita de que se teña tramado un procedemento con apariencia de legalidade para regalar case 2 millóns de euros públicos do Concello” 

Ler novas