Novas
O BNG de Vigo desminte Abel Caballero: “O seu Goberno fixou e mantén o mínimo de 20 bombeiros por día”
22/ago./2025
A fronte nacionalista retruca as declaracións do alcalde nas que nega que a cidade conte con menos efectivos dos necesarios, aportando o acordo da Xunta de Goberno de 2010 e o informe do xefe de Bombeiros de 2024 onde se estabelece esta dotación mínima
Xabier P. Igrexas: “Caballero ten que deixar de enganar e asumir a súa responsabilidade por ter recortado nos últimos anos un servizo esencial para a seguridade da cidade”