Novas
O BNG reclama avances da Xunta de Galiza para garantir o dereito a unha morte digna
05/mar./2025
A fronte nacionalista traslada a preocupación da Asociación Dereito a Morrer Dignamente diante dos déficits de información e de recursos por parte do Goberno galego
Montse Prado: “Os galegos e galegas teñen dereito a decidir sobre o proceso final da súa vida e a Administración ten a obriga de garantirllo”
Xabier P. Igrexas: “Impedir o exercicio do dereito á morte digna é un exemplo de violencia institucional que debe acabar”