Igrexas a Caballero: “Para combater a LGBTfobia non abonda con pendurar uns días a bandeira arco da vella no Concello”
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reclama medidas concretas e recursos para defender os dereitos do colectivo LGBT e combater “con toda a firmeza democrática” o discursos de odio promovidos pola dereita ultraespañolista
A fronte nacionalista denuncia os retrocesos que impón a Xunta do Partido Popular e demanda do Concello “pasar dos discursos aos feitos”
A nivel municipal propoñen a creación dun programa de información e atención LGBT, campañas contra o acoso e a exclusión laboral do colectivo e medidas preventivas contra a LGBTfobia entre a mocidade